O martes de Entroido celebramos no Sporting Club Casino o tradicional Torneo de Entroido, unha cita xa consolidada no calendario festivo e deportivo da entidade. Todos os resultados poden consultarse a través da ligazón dispoñible en palaestra.eu
A participación foi especialmente elevada, cun total de 75 xogadores e xogadoras repartidos nas cinco categorías, moitos deles lucindo os seus disfraces de Entroido. A entidade contou ademais cunha ampla representación propia: 14 socios e socias competiron ao longo da xornada.
Entre os participantes atopábanse tanto alumnos da escola de xadrez do Sporting Club Casino como socios que aproveitaron esta oportunidade para competir nun ambiente lúdico e familiar.
Os resultados máis destacados foron:
- Iago Rodríguez, subcampión na categoría SUB 8.
- Jorge Abellán, subcampión na categoría SUB 10, chegando a xogarse o torneo na última partida.
| Jorge Abellán xogandose o torneo na última partida |
Ningún comentario:
Publicar un comentario