28/12/17

LIGA 2018

Estos son los enfrentamientos:

Este año habrá varias variaciones en el equipo aunque seguimos teniendo el mismo objetivo; entrenar de cara a los torneos escolares.

En 2017 y 2016 jugadoras de nuestro club compitieron en escolares dentro del Xadrez das Mariñas quedando campeonas provinciales.

Escolares siguen siendo el objetivo, pero también dar un salto en los resultados en la Liga.

Se ha indicado con (**XDM**) los dos encuentros en los que se compite con equipos que se engloban en escolares dentro del Xadrez das Mariñas, como el propio Casino.

27 de enero

Sporting Club Casino - Xadrez das Mariñas (**XDM**)

3 de febrero

Sada - Sporting Club Casino

17 de febrero

Sporting Club Casino - Alexandre Bóveda

24 de febrero

Escola da UDC - Sporting Club Casino (**XDM**)

3 de marzo

Alexandre Bóveda - Sporting Club Casino

10 de marzo

Sporting Club Casino - Regatas Perillo

17 de marzo

Regatas Perillo - Sporting Club Casino

18/11/17

TORNEOS DE OUTONO

Nome do Torneo: TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Datas: 25 e 26 de novembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Sábado 25 de novembro.

Teremos dous torneos: Torneo por equipos integrados por 3 persoas e Torneo de Pasapezas (o chamado Mundial de Pasapezas).

Para participar nos torneos do sábado pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual.

Torneo por equipos.
Horario: 17,00 a 20,00.
Equipos formados por tres xogadores.
Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.

Campionato de Pasapezas.
Horario: 20,00 a 21,00.
Trofeo para a parella vencedora.

Domingo 26

Para participar no torneo do domingo pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual. Ademais hai unha cota de 1 euro por xogador. A cota irá integramente para a asociación ecolóxica promovida, entre outras entidades, polo CIDU.

Horario: 17,30 a 20,00.
Ritmo de 15 minutos por xogador (17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30)
Dúas categorías: Absoluta e Sub14
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das dúas categorías e unha medalla para todos os sub14 participantes.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Partcipantes: Máximo 60

Inscricións: Abertas ata o venres 24 de novembro.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

ANOTARSE NA NOSA LISTA DE CORREO

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo. A cota federativa é de so 3 euros ao ano para os menores de 14 anos e de 12 para o resto.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

13/11/17

Palaestra - Xogos: A XOGAR AO CENTRO

Palaestra - Xogos: A XOGAR AO CENTRO: Os luns e xoves de novembro e decembro queremos facer torneos de rápidas. Os luns no Sporting Club Casino da rúa real e os xoves en Artesa...

02/10/17

Palaestra - Xogos: CLASES DE XADREZ NO CASINO

Palaestra - Xogos: CLASES DE XADREZ NO CASINO: A colaboración entre Palaestra e Sporting Club Casino para o curso 2017-2018 pretende a realización de diferentes torneos e actividades de...

22/08/17

COPA GONZALEZ MARCH

A piques de rematar o verán imos facer un novo torneo que buscará cada ano facer un torneo en homenaxe a xogadores da cidade.

Empezaremos por José González March, que foi a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, dacordo coa sesión do 21 de xaneiro de 1935

... o delegado de Xadrez Club Coruña, di que tendo en conta os méritos xadrecísticos do vello afeccionado galego D. José González March contraídos na súa longa vida de xadrecista, polo seu gran entusiasmo, laboriosidade, constancia e sacrificio polo xadrez nas súas moitas alternativas, que lle levaron en moitas ocasións a organizar actos e concorrer a eles, para animalos coa súa presenza, a pesar de estar enfermo dalgún coidado, con prexuízo evidente da súa saúde. 

Nas mesmas condicións non tivo inconveniente en asistir e prestar a súa colaboración entusiasta a actos federativos celebrados fóra da súa residencia, algún deles en Vigo. Aceptou os cargos de Tesoureiro da Galega e da Española despois, tamén enfermo, e do seu paso polos mesmos deixou un ronsel de traballo e boa administración digna de exemplo.

Grazas ao seu labor constante púidose levar a cabo festivais de verdadeira importancia, servindo estes de base para propagar e propulsar o xadrez en gran extensión; temos proba diso na Coruña onde existen actualmente tres grupos federados debiendose isto en gran parte ao citado Sr. González March. Moito debe a cousa federativa ao Sr. González March.

Como xogador foi dos máis fortes que deu Galicia e se hoxe non se atopa en condicións de figurar en competicións de categoría é debido unicamente ao cansazo dos seus moitos anos e a súa pouca saúde. Son moitas as partidas xogadas por el que poderían porse como modelo de beleza e mestría.

Tendo en conta, como queda devandito, os mertísimos servizos prestados ao xadrez nas súas diferentes fases e actividades, o Xadrez Club Coruña propón soamente sexa nomeado socio de honra da Federación Galega de Xadrez D. José González March, testemuñándolle ao mesmo tempo a homenaxe da afección galega por medio dun album que subscribirán todos os xadrecistas de Galicia, servíndolle desta forma un modesto tributo de admiración e agarimo.


A esta proposición adhírense con gran entusiasmo todos os asembleístas.

Nome do Torneo: COPA GONZALEZ MARCH

Data: 2 de setembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Instalacións da Zapateira.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.


Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Agasallo para todos os participantes.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Ata o venres 1 de setembro. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto para os non socios do Sporting Club Casino é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa para menores de 14 anos é de so 3 euros ao ano.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

14/05/17

Xadrez das Mariñas: Campións escolares alevíns

Xadrez das Mariñas: Campións escolares alevíns: Este sábado o noso equipo Alevín integrado por Nico, Noa, Vera, Joel e Jaime lograron repetir o triunfo do ano pasado para noso club na ca...

02/03/17

Resultados Torneo de Entroido

CATEGORIA SUB8


1 MARTÍN VÁZQUEZ IGLESIAS, Club Xadrez Regatas Perillo 5 8.5 14.0 15.0
2 JACOBO LÓPEZ TUÑAS, CIDU 4 9.0 16.5 13.0
3 NICOLÁS RIVAS DÍAZ, CIDU 4 7.5 13.5 12.0
4 BRAIS MACEIRAS GARCÍA, ALEXANDRE BOVEDA 3.5 7.0 14.0 10.0
5 ÁNGELA CASTIÑEIRA GONZÁLE, Club Xadrez Regatas Perillo 3 9.5 16.5 10.0
6 XOEL LORENZO LÓPEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 9.5 15.0 8.0
7 MARCOS RIAL LOPEZ, CIDU 2.5 8.0 12.5 5.0
8 ADRIAN ENRIQUE MARTÍNEZ P, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 7.5 12.5 7.5
9 ADRIAN NIETO, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 7.0 13.0 8.0
10 GAEL MARTINS GONZALEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 6.5 11.5 6.0
11 SAMUEL LOPEZ GUISADO, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 6.5 11.0 7.0
12 IRENE ARMADA SANTOS, CIDU 2 7.0 11.5 8.5
13 ANTÓN PÉREZ PENA, ALEXANDRE BOVEDA 2 6.5 11.5 8.0
14 LENA LORENZO LÓPEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2 6.0 10.5 5.0
15 GAEL LOSADA ABUÍN, ALEXANDRE BOVEDA 1.5 7.5 13.5 4.0
16 LAURA VÁZQUEZ IGLESIAS, ALEXANDRE BOVEDA 1 6.5 10.0 3.5
17 MANUEL RODRÍGUEZ LAGO, CIDU 1 6.0 9.5 3.0
18 MARÍA GÓMEZ FORJÁN, ALEXANDRE BOVEDA 1 5.0 8.5 1.5

CATEGORIA SUB10



1 DANIEL SANTOS, ALEXANDRE BOVEDA 5 9.0 13.0 15.0
2 PAULO ARIAS BLANCOS10, Club Xadrez Smyslov Sada 3 7.5 13.5 10.0
3 ROQUE TORRES NÚÑEZ, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.5 13.0 10.0
4 PAULO ALVAREZ GARCIA, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.5 13.0 9.0
5 ALEXANDRO MONTES DIRLAU, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.0 12.5 7.0
6 ÁLVARO ÁLVAREZ MUIÑO, Club Xadrez Smyslov Sada 1.5 7.0 10.5 4.0
7 MANUEL GRAÑA FAJARDO, ALEXANDRE BOVEDA 1 7.5 13.0 3.5
8 MARTA PERIS REGO, CIDU 0.5 7.5 11.5 1.5

CATEGORIAS SUB12 E SUB14



1 MARCOS SANTOS, S12 ALEXANDRE BOVEDA 5 8.0 12.0 15.0
2 NOA GARCÍA-MUÑOZ PRIETO, S12 CASINO 3.5 7.5 14.5 10.0
3 HUGO COSTOYA HURTADO, S14 ALEXANDRE BOVEDA 3.5 7.5 12.0 8.5
4 GUILLERMO REGUEIRA PRATS, S12 ALEXANDRE BOVEDA 3 8.5 13.0 6.0
5 EDUARDO ALVAREZ REY, S14 Escuela Técnica de Ajedrez 3 8.0 15.0 10.0
6 XIAO LOSADA ABUÍN, S12 ALEXANDRE BOVEDA 3 8.0 14.5 10.0
7 VERA GARCÍA-MUÑOZ PRIETO, S12 CASINO 3 6.0 9.5 9.0
8 PEDRO QUILES TORRES, S12 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 9.0 15.0 10.0
9 JULIO REGUEIRA PRATS, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 8.5 14.5 9.5
10 XABIER BARREIROS CAMISELL, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 8.5 14.0 8.5
11 NICOLÁS SANTIAGO GÓMEZ FO, S12 Clube de Xadrez Oroso 2.5 8.0 12.5 6.5
12 JIA LIN SONG, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2 7.0 11.0 6.0
MIGUEL ALVAREZ VARELA, S12 CASINO 2 7.0 11.0 6.0
14 ALBA FREIRE CANDAME, S12 ALEXANDRE BOVEDA 1 7.5 13.5 2.0
15 DANIEL ROUCO RODRÍGUEZ, S12 CIDU 1 6.0 9.0 3.0

MELLORES DISFRACES


Roque Torres, Marta Peris e Adrian Enrqiue Martínez.foron, por esta orde os galardonados como mellores disfraces, ainda que houbo unha unha reñida competición neste aspecto e non só no xadrecistico.

18/02/17

Torneo de Entroido

Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ DE ENTROIDO

Data: 28 de febreiro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Trofeo para os tres mellores disfraces.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Abertas dende sábado 18 de febreiro a xoves 23 de febreiro. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Cota ampliada: 8 euros (inclue un pequeno taboleiro de madeira como o que se ve na foto, que inclue xogo de xadrez, de damas, mikado e dominó).

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa é de so 3 euros ao ano.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.