27/10/15

Xadrez para maiores

O próximo mércores día 4 empezamos as actividades deste curso na Universidade Senior.

Serán as clases, como as do ano pasado, os mércores pola tarde cun grupo de 17,00 a 18,00 e outro de 18,00 a 19,00.

Mesmo que as actividades están pensadas para os alumnos da Senior, poden asistir outros alumnos.

A idea é que as actividades se manteñan ata o mes de maio.


26/10/15

Torneos de Outono de xadrez

O fin de semana do 14 e 15 de novembro o CIDU (xadrezuniversitario.org) celebra no Sporting Club Casino o Torneo de Outono de Xadrez con dúas probas a 15 e 5 minutos e tamén a Liga de Outono e o Torneo de Pasapezas.

SABADO 14 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 2 euros polos dous torneos.

17,00: Liga de Outono.
Proba por equipos a ritmo de 15 minutos.
Os equipos deberán estar compostos por tres xogadores.
Trofeos para os tres primeiros equipos clasificados

20,00: Torneo de Pasapezas.
Torneo desta popular modalidade de xadrez por parellas.
Trofeos para a parella gañadora.

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 3 euros polos dous torneos.

17,00: Torneo de Outono.
Partidas a 15 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

19,30: Torneo de Outono de rápidas.
Partidas a 5 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

As probas terán lugar na cuarta planta do Sporting Club Casino.

O sábado 29 de novembro teremos o Torneo de Outono sub14.

Inscricións en cidu@xadrezuniversitario.org


12/10/15

Palaestra - Xogos: TORNEO PRIMEIRO LUNS. OUTUBRO.

Palaestra - Xogos: TORNEO PRIMEIRO LUNS. OUTUBRO.: Hoxe luns día 12 teremos ás 19,30 o Torneo do Primeiro Luns correspondente ao mes de outubro. Imos seguir en 2015-2016 con este torneo q...

08/10/15

AJEDREZ PARA ADULTOS

El ajedrez es muchas cosas; juego, deporte, arte... y en los últimos años se ha desvelado como uno de los mejores métodos de tener activa la mente y prevenir la aparición de demencias.
Algunos estudios actuales están apuntando incluso a su utilidad como herramienta en la prevención del alzheimer.

Pero sea por "botar unha partida", mantener activa la mente o simplemente socializar, tenemos todos los lunes en el casino actividades para adultos. Desde las 18,30 hasta las 20,30. La primera hora con alguna explicación y la segunda realizando alguna actividad participativa.