O fin de semana do 14 e 15 de novembro o CIDU (xadrezuniversitario.org) celebra no Sporting Club Casino o Torneo de Outono de Xadrez con dúas probas a 15 e 5 minutos e tamén a Liga de Outono e o Torneo de Pasapezas.
SABADO 14 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 2 euros polos dous torneos.
17,00: Liga de Outono.
Proba por equipos a ritmo de 15 minutos.
Os equipos deberán estar compostos por tres xogadores.
Trofeos para os tres primeiros equipos clasificados
20,00: Torneo de Pasapezas.
Torneo desta popular modalidade de xadrez por parellas.
Trofeos para a parella gañadora.
DOMINGO 15 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 3 euros polos dous torneos.
17,00: Torneo de Outono.
Partidas a 15 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
19,30: Torneo de Outono de rápidas.
Partidas a 5 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
As probas terán lugar na cuarta planta do Sporting Club Casino.
O sábado 29 de novembro teremos o Torneo de Outono sub14.
Inscricións en cidu@xadrezuniversitario.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario