26/2/19

Torneo de Entroido

Empezamos as actividades que neste 2019 festexarán o XXX Aniversario da nosa entidade.

Este ano non contamos con ningunha axuda pública, debido as absurdas actitudes da área económica da concellaría de deportes, que non quere ou non é capaz de axudar a estes torneos modestos.

Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ DE ENTROIDO

Data: Martes 5 de marzo de 2019.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
(Aqueles xogadores de categoría superior a sub14 poderán participar no mesmo lugar e horario no XXVII Torneo Universitario de Xadrez, de carácter aberto, no que haberá un trofeo para o vencedor).

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Xogo de Xadrez.
2º Clasificado de cada categoría: Xogo de Xadrez.
3º Clasificado de cada categoría: Xogo de Xadrez.

Agasallo para os tres mellores disfraces.

Libro de agasallo para todos os participantes.

Participantes: Máximo 100

Inscricións: Abertas ata o xoves 28 de febreiro ás 23,59.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 4 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario