25/02/26

Resultados Torneo de Entroido 2026

O martes de Entroido celebramos no Sporting Club Casino o tradicional Torneo de Entroido, unha cita xa consolidada no calendario festivo e deportivo da entidade. Todos os resultados poden consultarse a través da ligazón dispoñible en palaestra.eu 

A participación foi especialmente elevada, cun total de 75 xogadores e xogadoras repartidos nas cinco categorías, moitos deles lucindo os seus disfraces de Entroido. A entidade contou ademais cunha ampla representación propia: 14 socios e socias competiron ao longo da xornada.

Entre os participantes atopábanse tanto alumnos da escola de xadrez do Sporting Club Casino como socios que aproveitaron esta oportunidade para competir nun ambiente lúdico e familiar.

Os resultados máis destacados foron:

  • Iago Rodríguez, subcampión na categoría SUB 8.
  • Jorge Abellán, subcampión na categoría SUB 10, chegando a xogarse o torneo na última partida.

Jorge Abellán xogandose o torneo na última partida
Como entidade organizadora, queremos expresar o noso agradecemento ao Sporting Club Casino pola súa colaboración e apoio continuo na celebración deste torneo.






28/01/26

Torneo de Entroido

XADREZ NO ENTROIDO 2026

Despois da última edición celebrada no Sporting Cluib Casino en 2020 (pódese ver no arquivo de febreiro de 2020), voltamos ao noso tradicional torneo de Entroido. Este 2026 retomamos a festa do xadrez e das máscaras, con máis ganas ca nunca.

E facémolo como nos seus inicios sen axudas económicas, coa idea de lograr un modelo de torneo autofinaciado e proba para os futuros torneos de recaudación para a Fundación que estamos promovendo varias entidades do xadrez coruñés (www.agax.es)

Nome do torneo: Torneo de Xadrez de Entroido

Data: Martes 17 de febreiro de 2026

Lugar: Sporting Club Casino – Rúa Real, A Coruña – Planta 1

Hora de inicio: 17:00

Hora aproximada de entrega de premios: 19:30

Sistema de xogo

  • Roldas: Sistema suízo a 5 roldas
  • Desempates: Bucholz -1, Bucholz, Sonneborn-Berger, Progresivo, Enfrontamento particular, Número de vitorias, Número de vitorias con negras
  • Ritmo de xogo: 10 + 2

Categorías

  • Absoluto
  • Sub14
  • Sub12
  • Sub10
  • Sub8

No caso de que algunha das categorías teña menos de 12 participantes, a organización poderá unir unha categoría con outra similar. O número de roldas poderá ampliarse a 6 se o número de participantes dunha categoría supera os 32 xogadores.

Premios

  • Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
  • Medalla para todas as persoas participantes sub14.

Inscricións

O prazo permanece aberto ata o luns, 16 de febreiro de 2026.
A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario correspondente.

Cota xeral: 5 euros

Cota socios Sporting Casino: Gratis

En caso de algún problema coa inscrición, tedes á vosa disposición o correo asociacion@palaestra.net ou o WhatsApp +34 639 92 93 36. 

Temos tamén un Grupo de Whatssapp para esta proba: https://chat.whatsapp.com/H3qt3fy5vBT57riGojAzpD

Ambiente de Entroido

Trátase dun torneo de Entroido, así que recomendamos vivamente que as persoas xogadoras veñan disfrazadas. Non é obrigatorio, pero si moi desexable para encher o salón de cor, humor e espírito festivo. Haberá algunha sorpresa para os disfraces máis orixinais.

Advertencias importantes

1. Seguro e licenza federativa
De acordo coa lexislación vixente, é obrigatorio que cada participante dispoña dun seguro de accidentes. Isto implica contar cunha licenza federativa de xadrez en vigor.
Se algún xogador ou xogadora non está federado/a, debe informarse das opcións dispoñibles na súa escola de xadrez ou escribindo ao correo da organización.

2. Protección de datos e imaxe
As persoas participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais nos medios que a organización considere oportunos para a difusión do evento (resultados, clasificacións, listaxes de participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas co mesmo fin.

A participación no torneo implica a aceptación destas normas.